OS NOSOS SERVIZOS

A equitación pódese vivir de moitas maneiras: aprendendo, mellorando a técnica, aventurándose en rutas ou compartindo tempo cos cabalos. Aquí atoparás servizos que combinan formación, ocio e respecto polos animais.

clases de iniciación

As clases de iniciación en Estivada Ecuestre están pensadas para dar os primeiros pasos no mundo da equitación de forma segura e divertida. Realízanse principalmente na nosa pista cuberta, e ás veces tamén saímos ao exterior para que o contacto cos cabalos sexa máis completo.

Durante as sesións, os alumnos aprenden a manter unha boa postura e a coñecer as técnicas básicas de manexo, adquirindo as bases necesarias para montar con confianza e progresar no seu camiño ecuestre.

doma

Realizamos doma de potros e corrección de resabios, sempre con métodos respectuosos que favorecen a confianza e o equilibrio do cabalo. O obxectivo é acadar animais seguros, obedientes e preparados para a monta.

rutas ecuestres

As nosas rutas ecuestres percorren escenarios únicos: bosques de carballos e piñeiros, ríos e praias como a de Broña, ou a espectacular desembocadura do Tambre. A duración pode variar dende unha hora ata varias xornadas con acampada incluída, ofrecendo experiencias adaptadas a cada aventureiro.

cubricións

Contamos cun cabalo semental dispoñible para servizos de cubrición, ofrecendo garantías de coidado e profesionalidade en todo o proceso. A nosa prioridade é o benestar dos animais e a satisfacción dos criadores que confían en nós.

campamentos

Organizamos campamentos para nenos e nenas onde aprender equitación, convivir cos cabalos e descubrir a natureza se converte nunha aventura inesquecible.

pupilaxe

Ofrecemos servizo de pupilaxe para cabalos alleos, garantindo coidado diario e benestar. Contamos con boxes amplos con bebedoiros automáticos, alimentación equilibrada e saída regular a campo ou pista.

Tamén dispoñemos de fincas onde os animais poden manter as súas rutinas naturais. Inclúe limpeza, control de saúde e aseo, sempre pensando no seu confort.

colaboracións/anuncios

Abrimos as nosas portas a colaboracións con marcas, artistas e proxectos audiovisuais.

Xa participamos en videoclips e producións musicais, achegando elegancia, autenticidade e carácter a cada proxecto.

eventos

Organizamos eventos únicos onde os cabalos e a natureza son os protagonistas. Unha proposta diferente para quen busca vivir momentos especiais nun entorno auténtico e cheo de encanto.

clases avanzadas

Clases destinadas a xinetes con experiencia que queren perfeccionar a súa técnica, postura e control en diversas disciplinas ecuestres, levando a súa práctica ao seguinte nivel.