sobre nós

En Estivada Ecuestre levamos dende o 2007 compartindo a nosa paixón polos cabalos e a natureza en plena Serra de Outes. Nacemos coa vontade de achegar a equitación a todos os públicos, poñendo en valor o entorno rural galego e creando experiencias que combinan aprendizaxe, deporte e aventura.

Hoxe seguimos medrando cun mesmo compromiso: garantir o benestar dos animais e ofrecer actividades ecuestres que deixan lembranzas únicas en quen nos visita.

a nosa misión

Ofrecer experiencias ecuestres auténticas, seguras e enriquecedoras, que combinen formación, ocio e contacto coa natureza. 

Apostamos polo coidado dos cabalos, a profesionalidade dos nosos monitores e a posta en valor do entorno rural de Outes como escenario privilexiado para a equitación.

Ser un centro de referencia en Galicia no ámbito ecuestre, recoñecido polo respecto polos animais, a calidade dos nosos servizos e a capacidade de transmitir a paixón pola equitación.

a nosa visión

coñécenos

ESTHER (quecha)
Jorge

Detrás de Estivada Ecuestre hai persoas cunha vida dedicada aos cabalos. Profesionais cunha sólida formación e unha ampla experiencia en doma, cría e rutas ecuestres.

Aquí presentámosche a cada un deles, para que coñezas quen fai posible que este espazo máis ca unha hípica sexa un lugar onde aprender, compartir e vivir a verdadeira esencia da equitación.