RAID

Dende hai máis de 10 anos, o RAID forma parte da nosa historia e da nosa maneira de entender a equitación.

Esta disciplina, baseada na resistencia, o respecto e a conexión entre xinete e cabalo, permitiunos viaxar por toda Galicia e por diferentes partes de España para gozar desta paixón que tanto nos une.

Na nosa hípica vivimos o RAID non só como unha competición, senón como unha experiencia de superación, compañeirismo e amor polos cabalos, onde cada ruta e cada quilómetro percorrido ensínanos algo novo.