Hípica en outes

Na Estivada Ecuestre unimos tradición e paixón polos cabalos nun entorno natural único en Outes.

Ofrecemos clases, rutas e servizos ecuestres pensados para todos os niveis, sempre cun trato próximo e profesional.

estivada ecuestre

QUE É A ESTIVADA?

Dende 2007, Estivada Ecuestre é un espazo onde a paixón polos cabalos e o amor pola natureza se unen en pleno corazón da Serra de Outes.

un lugar para vivir a equitación en outes

Queremos que cada visita sexa unha experiencia auténtica: aprender, montar e sentir o vínculo cos cabalos nun entorno único. Outes, co seu contraste entre costa, vales e bosques, convértese no escenario perfecto para descubrir a equitación dun xeito diferente.

A nosa proposta é sinxela: compartir a paixón polos cabalos, fomentar o respecto polo medio e crear recordos que perduran.

Se queres coñecer quen somos e a historia que nos trouxo ata aquí, invitámoste a descubrilo aquí:

OS NOSOS SERVIZOS

Ofrecemos actividades pensadas para todos os niveis, dende quen monta por primeira vez ata quen busca vivir a aventura dunha ruta pola natureza galega. As nosas clases de iniciación e as rutas ecuestres son só una mostra da nosa proposta.

Descubre máis servizos e vive a experiencia completa.

CLASES DE INICIACIÓN
RUTAS ECUESTRES

COÑÉCENOS

esther (quecha)
jorge

Detrás de Estivada Ecuestre hai profesionais cunha ampla formación e unha vida dedicada aos cabalos.

Con máis de 15 anos de experiencia en doma, cría e rutas ecuestres, transmiten a súa paixón e coñecemento en cada actividade.

GALERÍA

Cada xornada deixa imaxes que falan por si soas: cabalos, aprendizaxes, rutas e emocións compartidas. Aquí tes unha pequena mostra do noso día a día... e moito máis agarda por ti na nosa galería completa.